Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Ribadavia

A vila medieval de Ribadavia constitúe un claro exemplo da bonanza e produción vitícola na península Ibérica en xeral e en Galicia en particular. O seu conxunto histórico artístico, declarado monumento nacional hai mais de 70 anos, é un enramado de rúas medievais e prazas porticadas, con diferentes miradoiros ao rio Avia, e moi preto do Miño, e cunha serie de templos e pazos de tódalas épocas e estilos dende o século IX ao XIX.

Aínda que a parte mais visible é o castelo maila muralla que rodea a vila, o misterio e o encanto agochase en cada recuncho que o visitante pode descubrir no deambular polas rúas, ou nos museos da vila, o Museo Etnolóxico de Ribadavia ou o Centro de Información Xudía de Galicia. En Ribadavia nada é casual, tanto os seus monumentos coma os persoeiros e xentes que viviron e visitaron durante mais de mil anos esta vila, achegándose as súas adegas para beber ou tratar o prezo do viño que logo seria levado a América ou de cara as terras de Illas Británicas, Francia e Holanda durante centos de anos.

Hoxe a maxia e o misterio conviven da man nun conxunto histórico singular ancorado nun entorno natural agarimoso de gran beleza.

Izquierda Derecha