Eventos programa completo
Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Mostra Internacional de Teatro

Durante máis dunha semana a mediados do mes de xullo, compañías e actores teatrais de todo o mundo representan e estrean as súas mellores obras no conxunto histórico de Ribadavia e no castelo. É, por antigüidade e tradición, a máis importante de Galicia.

As representacións no Auditorio ou na Casa da Cultura complétanse con actuacións na rúa, obradoiros, cursiños, etc. Un gran ambiente de festa e teatro, dende a mañá ata a noite, percorre as rúas e fai de Ribadavia a capital do teatro en Galicia.