Eventos programa completo
Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Festa da Istoria

Declarada de Interese Turístico Nacional, é a mais popular e antiga das festas históricas que se celebran en Galicia.

A actual Festa da Istoria é unha translación no tempo da celebrada nesta vila, ata o século XIX, e encadrábase nos festexos da Virxe do Portal, Patroa do Ribeiro. Dentro dos obxectivos básicos da Festa da istoria, sobresaen a recuperación de tradicións ancestrais e históricas, que formaron a propia historia da vila de Ribadavia e da súa bisbarra.

A Istoria permite coñecer oficios que hoxe en día están en decadencia ou xa se esqueceron, tales como ferreiros, carpinteiros de armar, toneleiros, cesteiros, e un longo etcétera.

A organización da Festa é responsabilidade dun amplo colectivo veciñal, que se renova cada ano, denominado Fundación da Festa da istoria.

O criterio de traballo baséase sempre en manter o rigor histórico que debe ter cada actividade ou acontecemento que se represente, destacando diferentes feitos históricos de relevancia que aconteceron en Ribadavia, como é a historia do Malsín ou da Condesa Endiañada. O programa está cheo de acontecementos e actividades trasladadas da época medieval para o goce dos viláns e xentes que participan vestidos de época.