Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Beade

A extensión deste minúsculo concello está en proporción inversa á calidade artística que atesoura, feito debido á estancia da encomenda de Beade da Orde Militar de San Xoán de Xerusalén.

O edificio relixioso máis importante é a actual igrexa parroquial con restos de estilo Románico, sendo os do Renacemento e Barroco os maiormente conservados. Fronte á porta sur da igrexa, o antergo Palacio, hoxe casa Reitoral en funcionamento. Dende o adro da Igrexa, levántase un Vía Crucis que remata nas inmediacións da Capela de San Roque, onde se sitúa o Calvario e un cruceiro baixo alpendre.

O entramado urbano de Beade é un exemplo de arquitectura pacega e señorial en terras de viño. Destacan os pazos de Montero Fermosas, Oxea e Puga, así como a paisaxe vitícola en terrazas.

Izquierda Derecha