Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Ponte de San Clodio

A ponte de San Clodio, sobre o Avia, está declarada monumento nacional dende 1981, construída no século XV con reforma do século XVIII. Amplo arco central de 19m de luz, coroado por unha sinxela cruz, e outros arcos laterais máis pequenos.

Forma parte do patrimonio artístico do Ribeiro de Avia, da antiga infraestrutura viaria que unía Ribadavia coas aldeas e núcleos vitícolas do val de Avia e subía cara Santiago de Compostela. No seu entorno atópanse as aldeas históricas de Barzamedelle e ponte San Clodio.

Izquierda Derecha