Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Serra do Suído e Os Chozos

As Serras do Ribeiro aparecen coma pequenas illas na paisaxe, ondulacións que abrigan aos vales. Forman parte da dorsal montañosa do occidente galego que a modo de espiñazo  percorre de norte a sur, facendo de divisoria das augas entre as que verten o río Miño e Avia, e as que van ao Atlántico.
Dentro do Ribeiro e de norte a sur está a Serra do Suído, sistema montañoso de características morfolóxicas marcadas pola suavidade con altitude media de 989 mts.

Nas zonas altas son frecuentes os pastos e, precisamente, o aproveitamento gandeiro deu orixe á construción dos chozos: robustas edificacións con orixe na Idade Media, con grosas paredes de granito e grandes teitos. Actualmente estanse a recuperar polo Concello de Avión como mostra da arquitectura popular.

Izquierda Derecha