Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Mosteiro de Melón

Fundada no ano 1145 por un grupo de monxes cistercienses provinte de Claraval, o mosteiro de Santa María de Melón chegou a ser unha das abadías cistercienses mais importantes de España.

Con numerosas doazóns por parte dos monarcas, tivo grandes granxas vinícolas no ribeiro do Miño, posuíu moitas propiedades en toda Galicia, as vilas de Vigo, Cambados e Marín pertencían a Melón e a súa influenza foi en aumento ata que a abadía entrou a formar parte da Congregación de Castela no século XVI, cando comezou o seu lento declive.

Coa desamortización prodúcese a exclaustración o abandono e espolio do mosteiro, levando as pedras para facer a igrexa da Cañiza e para Vigo.

Actualmente, en proceso de restauración, conservase parte da igrexa, unha magnífica obra no mais puro estilo do románico cistercense. Os restos dos claustros a sua riqueza artística e entorno natural son un motivo mais que suficiente para visitar este lugar.

Izquierda Derecha