Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Mosteiro de San Clodio

A orixe deste mosteiro ten a súa base no antigo cenobio fundado por monxes beneditinos no século IX  chegados do mosteiro de San Claudio en León, e grazas ás doazóns dos Condes Alvaro e Sabita. O actual Mosteiro Cisterciense de San Clodio é do século XII, aínda que tivo remodelacións no século XVI e XVIII.

Os magníficos claustros, as súas adegas abovedas e a súa monumentalidade explícase só pola importancia e protagonismo que este mosteiro tivo na produción e extensión do viñedo en toda a comarca do val do Avia desde o o século XII. Foi sen dúbida un dos grandes mosteiros vinícolas da península Ibérica, fundou granxas e priorados en cada recuncho do Ribeiro do Avia.

A súa localización, a 7 qm. de Ribadavia, próximo ao núcleo de Leiro, é privilexiada, atópase rodeado de viñedos e de bosques. Na aldea de San Clodio, declarada monumento nacional, pódense ver manifestacións de arquitectura popular palaciega e estrutura tradicional de gran beleza, fundamentada na produción vitivinícola.

Izquierda Derecha