Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Reitoral e Igrexa de San Paio

Na parroquia de San Paio, a 1’5 qm. do centro histórico de Ribadavia.

Fermoso conxunto barroco do século XVIII, formado pola igrexa e Reitoral de San Paio, con vistas ao lago que forma o encoro de Castrelo de Miño. Na súa orixe, século XII, pertenceu ao mosteiro de Oseira por doazón real para a produción de viño. Outro magnífico exemplo mais das granxas vinícolas que os mosteiros de toda Galicia fundaron no Ribeiro para a produción e comercialización do viño do Ribeiro.

Izquierda Derecha