Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Castrelo Yatch club

A 4 kilómetros de Ribadavia atópase un gran lago formado polo embalse de Castrelo de Miño. Convertido en parque náutico, pódese realizar todo tipo de actividades como vela, windsurf, remo, piragüismo. Dispón de piscinas, aparcamento e camping e hotel. É tamen un lugar ideal para disfrutar dun bo baño.

O blub náutico leva funcionando 18 anos e realízanse actividades deportivas con carácter turístico-recreativo e de entrenamento-competición, de vela remo e piragüismo. Ofrencense cursos de iniciación e perfeccionamento todo o ano e realízanse competicións de carácter autonómico e estatal, polo que se converte nun lugar perfecto para disfrutar do deporte e da natureza.

Izquierda Derecha