Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Náutico de Castrelo

A 4 quilómetros de Ribadavia atópase un dos encoros mais grandes de Galicia, o de Castrelo de Miño. Convertido en parque náutico, nel pódese realizar todo tipo de actividades como vela, windsurf, remo, piragüismo. Dispón de amplas e modernas instalacións con piscinas, aparcamento e albergue xuvenil.
O club náutico acolle anualmente competicións de carácter internacional e entrenamento da selección nacional olímpica de remo e doutros combinados europeos.  A súa oferta turístico-recreativa ofrece cursos e xornadas de vela, remo e piragüismo todo o ano, debido as súas condicións naturais é un lugar perfecto para gozar do deporte e da natureza.

Izquierda Derecha