Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Catedral de Ourense

A magnífica Catedral de Ourense, adicada a San Martín é o principal monumento da cidade de Ourense e un dos edificios románicos máis sorprendentes que nos atoparemos en toda Galicia. A fama e significado histórico-relixioso da Catedral de Santiago de Compostela restou, seguramente, divulgación e prestixio a esta sé ourensá, que é, sen dúbida, un dos monumentos románicos de maiores dimensións e interese do románico español.
Este templo foi declarado monumento nacional o 3 de xuño de 1931 e ten honras de Basílica desde o ano 1887. A catedral de Ourense foi edificada entre metade do século XII e avanzado o XIII.

Sábese que no ano 1188 foi consagrado o seu altar maior. Por tanto, esta catedral pertence a un estilo románico tardío, influído polo mundo cisterciense nalgúns aspectos da estrutura arquitectónica e a escola mateana compostelá no relativo ao escultórico (especialmente a decoración das portadas).
A gran entrada occidental (Pórtico do Paraíso) reproduce, de maneira simplificada, a estrutura do Pórtico da Gloria da catedral compostelá. É posterior a este (metade de século XIII). Con todo, a escultura é máis hierática e románica que a súa veciña de Santiago.

É interesante a policromía conservada.

Izquierda Derecha