Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

A Veronza

É a gran praia fluvial de Ribadavia, con piscina, área recreativa, parque infantil, aparcamento, e zona polideportiva en torno ao río Avia.

Esta zona verde atópase situada na marxe dereita do río Avia. Posúe un paseo fluvial de aproximadamente 1,5 qm. Nesta zona recreativa danse cita no verán familias e viláns que buscan a sombra dos seus grandes amieiros, sabugueiros e freixos,  e o goce das augas do río Avia.

A brisa que percorre o entorno é agradecida polos viandantes os que utilizan a o sendeiro do Avia para pasear deica San Cristovo ou A Quinza, por ambas as beiras do río, continuando de cara a Leiro.

Nesta zona desemboca o regato do Maquiáns, cruzado por unha pequena ponte medieval. 

Izquierda Derecha