Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Igrexa e convento de Santo Domingos

Magnífico conxunto histórico artístico declarado monumento nacional no ano 1931. Foi o segundo dos conventos dominicos implantados en Galicia. A igrexa de planta basilical constitúe un dos mellores exemplares do gótico mendicante en Galicia.

Posúe unha boa colección de capiteis historiados, así como fermosas mostras da arte sepulcral dos séculos XIII ao XVI, e varios retábalos e imaxes dos séculos XV ao XVIII.

En canto ao convento, foi obxecto de importantes reformas ao longo dos séculos. Desde 1299 funcionou como casa de estudos, contaba con Cátedras de Teoloxía, Moral e Gramática, sendo un dos conventos máis activos de Galicia.

No s. XIX, coa desamortización, suprímese unha parte do convento contiguo á igrexa, destinando o resto do edificio a residencia de anciáns. Aínda que foi fundado baixo a advocación de Sta. María de Valparaíso, a partir do s. XVII comézase a venerar á Virxe do Portal, fundando ao lado do convento, a Igrexa do Portal.

Izquierda Derecha