Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Igrexa e convento de San Francisco

Este conxunto de estilo barroco pertenceu á orde dos franciscanos, cuxa presencia na vila data do século XIV. A construción do templo conventual (fundado baixo a advocación de San Antonio) foi finalizada no ano 1610, funcionando primeiro como noviciado e logo como colexio de artes.

Os frades foron exclaustrados no 1835 (desamortización), retornando ao convento no 1915. No ano 1818 chegou a converterse na 3ª comunidade en importancia dos conventos franciscanos de Galicia. Dos dous claustros do convento unha gran parte dos mesmos é de propiedade particular.

Izquierda Derecha