Escudo de Ribadavia
Impresion Enviar a un amigo Guardar en PDF

Igrexia de San Xoan

De estilo románico, dita parroquia pertenceu aos Cabaleiros da Orde militar e hospitalaria de San Xoán de Xerusalén.

Os Cabaleiros da Orde estableceran un hospital para atender aos numerosos pelegríns que, naqueles tempos, seguindo o camiño desde Braga(Portugal) dirixíanse a visitar o sepulcro do Apóstolo Santiago.

Situado na rúa Salgado Moscoso, este edificio que funcionou como hospital ata o século XVI, hoxe é sede do C.R. do Ribeiro. A rectoral, enriba de cuxa porta se pode ver a cruz labrada de 8 puntas (símbolo da orde), atópase unida á igrexa pola parte de atrás.

Este templo destaca pola rica e variada decoración románica presente en canzorros, fiestras e portas. No seu interior destaca a bóveda de medio cañón, o retábulo barroco de San Miguel e a imaxe da Virxe das Angustias.

Izquierda Derecha