Lorem ipsum dolor sit amet,...
Foi construída entre os anos 1545-1555 para alhóndiga e lugar de reunión do Consello da vila. No século XIX renóvase a fachada e cúbrese os soportais; conservándose hoxe, do antigo edificio, a torre que está formada por 3 corpos superpostos posúe os escudos antigos da vila e o reloxo de corda do ano 1902. Destaca tamén o artístico campanario de ferro labrado.
Na casa consistorial foron redactadas as ordenanzas vinícolas de Ribadavia, no século XVI, precursoras en España das actuais denominación de orixe vinícolas.