Pazo dos condes de Ribadavia

  • warning: array_map(): Argument #2 should be an array in /var/www/clients/client0/web6/web/modules/system/system.module on line 1050.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/clients/client0/web6/web/includes/theme.inc on line 1845.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/clients/client0/web6/web/includes/theme.inc on line 1845.

Pazo barroco que pertenceu á familia Sarmiento, que se estableceu nesta vila ao serlles concedido o señorío de Ribadavia e o título de “Adiantados Maiores do Reino de Galicia” en 1375 polo rei Enrique II en favor de Pedro Ruiz Sarmiento.

Os Sarmiento conseguiron no 1476 o título de Condes de Ribadavia, concedido polos Reis Católicos. O título perdeuse en 1934 ao falecer o XVIII Conde, D. Ignacio Fernández de Henestrosa e Gayoso dos Covos.

O escudo de armas dos Sarmiento está formado por trece bezantes de ouro, destacando no brasón condal que se atopa na fachada principal tamén as armas dos Castro e Mendoza.

O pazo é unha fermosa obra barroca, con dous patios, un deles de distribución a diferentes dependencias, e outro porticado, de gran beleza, cunha balconada artística e miradoiro ao rio Miño. Ten outros balcóns e solainas dunha gran fermosura, e numerosos escudos dos Sarmientos. Tamén destaca o pequeno edificio abovedado do antigo arquivo dos Condes de Ribadavia.

Actualmente acolle a oficina de turismo, mailo Centro de Interpretación Xudía de Galicia, cunha exposición permanente onde o visitante pode comprender a historia dos xudeus galegos deica a súa expulsión.