Barrio Xudeu

  • warning: array_map(): Argument #2 should be an array in /var/www/clients/client0/web6/web/modules/system/system.module on line 1050.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/clients/client0/web6/web/includes/theme.inc on line 1845.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/clients/client0/web6/web/includes/theme.inc on line 1845.

Cando o Rei Don Garcia I escolleu Ribadavia como capital do Reino de Galicia (1063-1065), deberon de chegar os primeiros xudeus a Ribadavia, aínda que non teremos noticias certas e documentadas da xudaría ata o ano 1386, cando os ingleses do Duque de Lancaster asedian Ribadavia.

De tódolos xeitos pódese dicir  que dita xudaría formouse en torno aos séculos XII e XIII beneficiada tanto pola instalación de xudeus dende o s. X nas veciñas terras de Celanova como pola existencia dun potente grupo de mercaredes en Ribadavia dende a concesión do Foro Real por parte de Fernando II en 1164. Moitos xudeus encargábanse da xestión dos asuntos financeiros do Señorío e posteriormente do Condado de Ribadavia, especializándose na administración de bens e rendas e en diversos oficios artesáns. Tamén destacaron como mercaredes de viño.

En canto á existencia e situación dunha Sinagoga en Ribadavia, os últimos estudos (Mª Gloria de Antonio Rubio: “Judíos e Inquisición en Ribadavia”, sitúana nunha das casas da “Calle de la Cruz o Judairía”, moi preto da esquina coa actual rúa de San Martiño.

Cando os Reis Católicos promulgaron a orde de expulsión dos xudeus no 1492, moitas familias convertéronse, mantendo o culto xudeu en segredo, deica o famoso acontecemento do Malsín no ano 1606. Ámbalas dúas comunidades, xudía e católica, contribuíron de forma decisiva á prosperidade económica da rexión, que hoxe, grazas a recuperación da Festa da Istoria, e a presenza de Ribadavia na “Red de Juderias de España, Caminos de Sefarad”, está a alcanzar notable repercusión.