O Ribeiro

  • warning: array_map(): Argument #2 should be an array in /var/www/clients/client0/web6/web/modules/system/system.module on line 1050.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/clients/client0/web6/web/includes/theme.inc on line 1845.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/clients/client0/web6/web/includes/theme.inc on line 1845.

Favorecido por un microclima e unha situación xeográfica encomiable, os máis de 1000 anos de historia vitivinícola, fan da comarca do Ribeiro a esencia do viño en Galicia. Dende tempos inmemoriais a produción do viño nesta comarca alcanzou as máis altas cotas de calidade e comercialización que nunca se darán na Península Ibérica. Foi o primeiro viño en pisar América da man de Colón, e a súa fama como viño de Ribadavia e de Ourense chegou ás mais afamadas mesas das monarquías europeas.

Hoxe o Ribeiro ademais da súa privilexiada natureza,  volta a ocupar por méritos e calidade o status de viño con mais proxección dos que se fan na península Ibérica, acaparando gran expectación a nivel nacional e internacional. Eloxiado por catadores e gastrónomos de todo o mundo, destaca tanto en brancos coma en tintos pola súa complexidade de variedades e a amplía gama de aromas e sabores.

Como dixeron recentemente periodistas do viño e xornais norteamericanos, “o Ribeiro é a zona produtora de viño con máis proxección, é unha sorte de Borgoña española na que se xuntan as mais interesantes variedades de uva, cun clima, unha terra e unha historia que merece a pena descubrir” é Manuel Antonio, xa o dicía, “se non houbese nacido na Terra Cha, houbéseme gustado ser do Ribeiro”