Castelo dos condes

  • warning: array_map(): Argument #2 should be an array in /var/www/clients/client0/web6/web/modules/system/system.module on line 1050.
  • warning: array_keys() expects parameter 1 to be array, null given in /var/www/clients/client0/web6/web/includes/theme.inc on line 1845.
  • warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/clients/client0/web6/web/includes/theme.inc on line 1845.

Sen lugar a dúbidas a fortaleza dos Condes de Ribadavia xogou un papel decisivo na historia de Galicia pois foi unha das maiores fortalezas medievais. Aínda que a súa orixe data do século IX, a meirande parte do castelo foi construído na segunda metade do século XV ao instituírse o Condado de Ribadavia.
 
No interior pódense ver importantes restos  labrados no penedo que datan do s. IX, e un sepulcro do s. XII, testemuñas do cemiterio que estaba ligado a antiga igrexa de San Xés alí situada. Coa derradeira restauración levada a cabo, o castelo abre novos espazos daquela ocultos que amosan a organización interna, os diferentes niveis de construción para defensa e goce que a fortaleza posuía, destacando os restos da antiga torre de San Xes, o deposito de auga ou estanque, as adegas e restos da horta e xardín.